Regras básicas – Galego

O balón: Diferente ó fútbol australiano, o fútbol gaélico xógase cun balón redondo, lixeiramente máis pequeno, e máis pesado cun balón de fútbol.

O campo: O terreo de xogo é un campo rectangular, aproximadamente de 137 metros de longo y 82 de largo.

Postes: Os postes teñen a mesma forma cós de rugbi, pero o longueiro está máis baixo que en rugbi.

Regras xerais

1. O balón pode levarse na man durante catro pasos e pode ser pateado ou pasado coa man, golpeando coa man ou co puño.

2. Logo de cada catro pasos, o balón debe botarse ou facer un “só”, unha acción de deixar cae-lo balón ó pé e patealo de novo cara á man.

3. Non podes bota-lo balón dúas veces seguidas.

4. Para anotar, pasa o balón por riba do longueiro co pé ou man/puño para acadar un punto ou por debaixo do longueiro dentro da portería co pé ou man/puño en certas circunstancias para acadar un gol, que equivale a tres puntos.

Patear

1. O balón pode ser pateado dende o chan en calquera momento e é o xeito máis común de anotar e move-lo balón.

2. O balón tamén pode ser pateado dende as mans.

3. As infracións do regulamento son tamén castigadas cun tiro libre, no que o xogador debe patea-lo balón dende o chan, ou dende a man, sen oposición do rival, parecido a unha marca de fútbol australiano.

Pase coa man

1. O xogador con posesión pode elixir pasar coa man o balón a un compañeiro ou por riba do longueiro, especialmente en espazos reducidos cando a patada pode ser bloqueada.

2. O pase coa man execútase suxeitando o balón cunha man e golpeándoo limpamente coa outra.

3. O árbitro debe ver claro o movemento ó golpear, arrastra-lo balón (permitido en rugbi) non está permitido e sanciónase cun tiro libre para o equipo rival.

Os sós

O só é unha das cousas máis difíciles en fútbol gaélico, especialmente cando se realiza con velocidade. Requírese un alto grao de coordinación e de toque. Este movemento faise en carreira. Execútase deixando cae-lo balón da man ó pé e logo devolvéndoo golpeando co pé cara á man de novo.

1. Un xogador con posesión do balón pode levalo un máximo de catro pasos e para continuar avanzando levando o balón debe elixir entre:

a) bota-lo balón no chan unha vez

b) patea-lo balón cara si mesmo (só)

2. O xogador non pode dar máis dun bote ó balón de xeito consecutivo en carreira.

3. Debe alternar polo menos cun só cada catro novos pasos, aínda que non hai límite de cantidade de sós consecutivos que pode facer.

Entradas

1. Las entradas en fútbol gaélico limítanse a entrar en procura do balón.

2. É ilegal facer cambadelas, pegar, suxeitar, arrastrar, empurrar ou pracar a outro xogador.

3. Es legal, porén, contacto co corpo sempre e cando se trate dun claro intento de roubar o balón.

4. Os principais métodos de defender a un xogador son os seguintes:

a) Bloquea-la patada: Un defensor pode tentar bloquea-lo balón no momento de saír do pé do atacante. Se se bloquea o balón considérase “perdido” e os xogadores poden competir por el de novo.

b) Golpea-lo balón: O defensor pode tratar de golpea-la pelota fóra do alcance do atacante dándolle cunha das súas mans. É importante procura-la pelota neste caso, porque darlle ó xogador pode ser sancionado cun tiro libre e tamén cun cartón marelo ou vermello.

c) Empurrar ó oponente: Un xogador pode empurrar, ou facer unha carga ombreiro con ombreiro, a un oponente cando corre para gañar un balón solto, ou cando intenta quitarlle o balón a un rival.

Anotación

Hai dous xeitos de anotar:

1. Un punto: Cando o balón supera o longueiro entre os dous paos concédese un punto. Isto pode acadarse pateando ou golpeando coa man.

2. Un gol: Cando o balón entra na portería, concédense tres puntos. Isto pode acadarse:

a) Cando o balón está baixo posesión e control do atacante, pode marcar un gol pateando o balón.

b) Ou, se o balón está no aire, e ninguén ten posesión, o atacante pode darlle directamente buscando o gol, como un remate de voleibol.

Translate »